Omukasi: Promovendo o empoderamento e a promoción da autonomía económica das mulleres rurais de Mayuge (Uganda)
Este proxecto forma parte dun proceso de desenvolvemento que ten como finalidade contribuír á consecución da igualdade de xénero e ao empoderamento das mulleres rurais da rexión Busoga, no leste de Uganda, para a eliminación da pobreza e as violencias machistas. Para conseguilo, o proxecto enfocarase especificamente en fomentar os dereitos das mulleres rurais do distrito Mayuge, pertencente á Rexión Busoga, ao leste de Uganda, mediante o fortalecemento socioeconómico e a sensibilización comunitaria.
Faio a través da creación de espazos de sensibilización, o fortalecemento de capacidades económicas e produtivas das mulleres e as capacidades das estruturas locais e organizacións comunitarias para mellorar os procesos de formulación de políticas sobre dereitos das mulleres.
Women's Initiatives in Poverty Eradication (WIPE)
Xeral: Contribuír ao logro da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres rurais na rexión de Busoga, Uganda, para a eliminación da pobreza feminizada e a violencia de xénero (ODS 5).
Específico: Fomento dos dereitos das mulleres rurais das comunidades de Mayuge mediante o fortalecemento socioeconómico e a sensibilización comunitaria.
RE 1.1 Creados espazos comunitarios de sensibilización para a construción de relacións igualitarias entre mulleres e homes, a defensa dos dereitos humanos e a prevención da violencia contra as mulleres e as nenas cun enfoque interseccional.
A.1.1.1 Obradoiros de sensibilización sobre dereitos das mulleres en espazos seguros para as mulleres miembras dos VSLA (grupos de aforro).
A.1.1.2. Realización de discusións comunitarias abertas a través da organización de proxeccións de cinema para a promoción dos dereitos das mulleres.
A.1.1.3. Realización de diálogos comunitarios en espazos tradicionais de reunión dirixidos aos homes da zona de intervención para a promoción da igualdade de xénero e a corresponsabilidade.
A.1.1.4. Creación de mesas de diálogo (espazos de encontro) entre poboación civil e as autoridades locais para a análise de problemáticas de xénero.
RE 1.2 Fortalecidas as capacidades económicas e produtivas das mulleres, mellorando o seu acceso a mellores oportunidades de emprego e avanzando na súa autonomía económica.
A.1.2.1 Organización de obradoiros de alfabetización financeira destinado ás mulleres membras dos grupos de aforro para o fortalecemento das súas capacidades económicas.
A.1.2.2 Deseño e organización de talleres técnico-produtivos en agricultura sostible.
A.1.2.3 Organización de talleres técnico-produtivos en habilidades produtivas de baixo investimento (fabricación de xabón, vaselina ou champú e pastelería) para a mellora das oportunidades laborais das titulares.
A.1.2.4 Acompañamento no deseño e a implementación de plans de negocio baixo unha perspectiva de xénero para fomentar a sustentabilidade dos negocios creados por mor do proxecto.
A.1.2.5 Organización dun encontro entre mulleres emprendedoras para o intercambio de coñecementos e a exhibición de negocios.
RE 1.3 Fortalecidas as capacidades das estruturas locais e as organizacións comunitarias para promover un mellor proceso de formulación de políticas que garantan a protección dos dereitos das mulleres.
A.1.3.1 Deseño e implementación de proceso formativo en xénero e DDHH dirixido ao persoal de instancias locais e organizacións comunitarias como titulares de obrigas e responsabilidades para a integración da perspectiva de xénero e a defensa dos dereitos das mulleres nas súas intervencións.
A.1.3.2 Asistencia legal a vítimas de violencia de xénero e mulleres vítimas de violación de dereitos fundamentais a través da mediación e a creación de colaboracións.
A.1.3.3 Deseño e implementación de proceso formativo en xénero e igualdade dirixido ao persoal da socia local.
Directa: 565 (432 mulleres/nenas, 133 homes/nenos)
Indirecta: 3.673 (1.873 mulleres/nenas, 1.800 homes/nenos)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)