Proxectos

Tecendo redes para a cidadanía global: a consolidación dun modelo de aprendizaxe-servizo e cooperación ao desenvolvemento

O presente proxecto dá continuidade a unha liña de colaboración consolidada entre a Universidade de Santiago de Compostela, Farmamundi e a Universidade de Cabo Verde, coa finalidade de avanzar na institucionalización da metodoloxía da aprendizaxe-servizo (ApS) no contexto da educación superior caboverdiana.

A iniciativa estrutúrase en tres etapas: unha primeira de análise institucional e deseño dun programa formativo específico; unha segunda dedicada á execución do curso e á constitución dun grupo promotor con implicación do persoal docente e entidades sociais; e unha terceira fase centrada na posta en marcha de accións piloto, na avaliación do proceso e na difusión dos logros como exemplo replicable. O enfoque metodolóxico basease na investigación-acción participativa e a creación de espazos de colaboración horizontal entre universidade e comunidade, facilitando procesos de aprendizaxe significativa e transformación social. Así mesmo, foméntase o desenvolvemento de capacidades locais, a sustentabilidade das intervencións e a construción dun modelo de intervención educativa coherente co contexto insular e cos desafíos de desenvolvemento endóxeno.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Praia (cidade)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
11182 - Investigación educativa
Obxectivos: 

Xeneral: Implementar un modelo de institucionalización do aprendizaxe-servizo (ApS) na universidade caboverdiana que dea soporte a proxectos educativos favorecedores da convivencia social e do benestar da comunidade local.

Específico:

       Fase 1.

OE.1.1. Analizar as posibilidades institucionais da Universidade de Cabo Verde para fortalecer a súa responsabilidade social universitaria por medio da ApS en compromiso cos desafíos da Axenda 2030 e do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026). 

OE.1.2. Identificar as demandas e especificidades da Universidade de Cabo Verde, así como das entidades sociais, para colaborar na creación de solucións innovadoras que dean respostas ás necesidades da comunidade por medio da ApS.

OE.1.3. Identificar os criterios máis funcionais para activar e, se fose o caso, consolidar un grupo promotor do aprendizaxe-servizo no contexto universitario de Cabo Verde.

OE.1.4. Deseñar un curso de formación de formadores en aprendizaxe-servizo dirixido ao profesorado e socios comunitarios co fin de contribuír á institucionalización desta metodoloxía na contorna caboverdiana.

       Fase 2.

OE.2.1. Implementar un curso de formación de formadores en aprendizaxe-servizo dirixido ao profesorado e socios comunitarios co fin de crear un grupo promotor desta metodoloxía en Cabo Verde.

OE.2.2. Constituír, ao amparo da normativa e dos estatutos universitarios, un grupo promotor da metodoloxía do aprendizaxe-servizo.

OE.2.3. Deseñar e implementar unha formación piloto supervisada sobre ApS e desenvolvemento comunitario na educación superior, xestionada polo grupo promotor e dirixida a profesorado e axentes sociais de Cabo Verde.

       Fase 3.

OE.3.1. Avaliar a actividade formativa liderada polo grupo promotor para difundir e asentar o aprendizaxe-servizo na universidade participante e na súa comunidade.  

OE.3.2. Sistematizar o proceso de institucionalización do aprendizaxe-servizo seguido na universidade participante.

OE.3.3. Definir o grupo promotor como unha boa práctica na institucionalización da ApS na Universidade de Cabo Verde para a súa difusión entre os axentes comunitarios e as institucións do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Resultados e actividades: 

         Fase 1.

RE.1.1. Informe sobre o diagnóstico da realidade universitaria e social de Cabo Verde respecto da súa situación para conformar un grupo promotor da institucionalización da ApS como vía de resposta aos retos da Axenda 2030 e do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026).

RE.1.2. Mapa de recursos sociocomunitarios que favorezan redes de colaboración entre o contexto universitario e comunitario de Cabo Verde para dar pulo á institucionalización da ApS.

RE.1.3. Manual para a formación en ApS e desenvolvemento comunitario na educación superior.

RE.1.4.Curso de formación de formadores en aprendizaxe-servizo e desenvolvemento comunitario na educación superior de Cabo Verde.

       Fase 2.

RE.2.1. Posta en marcha e presentación pública dun grupo promotor, conformado por membros da comunidade académica e social de Cabo Verde, para institucionalizar a metodoloxía da ApS.

RE.2.2. Pílula formativa audiovisual para dar soporte didáctico ao curso de formación sobre ApS do grupo promotor.

RE.2.3. Curso de formación piloto liderado polo grupo promotor, e supervisado polo equipo investigador, sobre ApS e desenvolvemento comunitario na educación superior de Cabo Verde.

       Fase 3.

RE.3.1. Formacións sobre ApS e desenvolvemento comunitario, lideradas polo grupo promotor, e dirixidas a profesorado, estudantes e axentes comunitarios de Cabo Verde.

RE.3.2. Informe de institucionalización pedagóxica da ApS en Cabo Verde.

RE.3.3. Xornada de difusión do grupo promotor como unha boa práctica na institucionalización da ApS na Universidade de Cabo Verde, cos axentes comunitarios e a comunidade académica e social de Galicia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 57 (32 mulleres/nenas, 25 homes/nenos)

Indirecta: 63.000 (35.400 mulleres/nenas, 27.600 homes/nenos)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

30.000,00 € (15.000,00 € en 2025 e 15.000,00 € en 2026)