Proxectos

Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India)

Este proxecto baséase no traballo que o DJDDS leva anos desenvolvendo sobre o dereito á educación en contextos urbanos vulnerables de Varanasi, co apoio de Semilla para el Cambio, fortalecendo os procesos de apoio educativo e avanzando cara a modelos pedagóxicos máis inclusivos, participativos e centrados no alumnado. Do mesmo xeito, a intervención busca fortalecer a participación activa das familias e da comunidade nos procesos educativos, promovendo unha maior corresponsabilidade e apropiación comunitaria do programa.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Axentes: 
Semillas para el Cambio
Contraparte: 

Divya Jyoti Disabled Development Society

Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao exercicio efectivo do dereito a unha educación inclusiva e de calidade para nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade social en Varanasi (India)

 

Específico: Fortalecer as capacidades pedagóxicas, organizativas e comunitarias do programa educativo desenvolvido por Divya Jyoti para mellorar os procesos de aprendizaxe, a motivación e a permanencia escolar da infancia e adolescencia en situación de vulnerabilidade social nos barrios de Sigra e Dashashwamedh, en Varanasi

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as estruturas de liderado pedagóxico, coordinación educativa e mellora continua da calidade do programa educativo.

A.1.1.1. Creación e consolidación dunha figura de coordinación pedagóxica

A.1.1.2. Deseño e implementación dun sistema de observación de aula

A.1.1.3. Elaboración de ferramentas internas de seguimento e avaliación educativa para docentes e alumnado

A.1.1.4. Realización de reunións mensuais de coordinación pedagóxica

RE 2.1. Melloradas as capacidades pedagóxicas e metodolóxicas do profesorado para promover aprendizaxes significativas, inclusivas e centradas no alumnado

A.2.1.1. Desenvolvemento de sesións formativas dirixidas ao profesorado sobre metodoloxías activas e aprendizaxe significativa

A.2.1.2. Formacións específicas en igualdade de xénero e educación inclusiva

A.2.1.3. Acompañamento pedagóxico individualizado ao profesorado

A.2.1.4. Adquisición e elaboración de materiais educativos e recursos didácticos

RE 3.1. Mellorados os mecanismos de acompañamento educativo, motivación escolar e seguimento do alumnado participante.

A 3.1.1. Deseño e implementación de ferramentas diagnósticas e de seguimento individualizado do alumnado

A.3.1.2. Desenvolvemento de actividades de reforzo e acompañamento pedagógixo

A.3.1.3. Implementación dun sistema de detección temperá e seguimento do absentismo escolar

A.3.1.4. Desenvolvemento de actividades participativas e motivacionais co alumnado

RE 4.1. Fortalecidas a gobernanza comunitaria e a participación das familias nos procesos educativos e de seguimento escolar.

A.4.1.1. Creación e posta en marcha dun Consello Escolar

A.4.1.2. Realización de titorías trimestrais coas familias

A.4.1.3. Desenvolvemento de obradoiros comunitarios de sensibilización sobre educación, igualdade e acompañamento familiar

A.4.1.4. Implementación de mecanismos participativos de avaliación e retroalimentación comunitaria

Poboación beneficiaria: 

Directa: 257 estudantes (130 nenos e 127 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 27.277,55 €