Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India)
Este proxecto baséase no traballo que o DJDDS leva anos desenvolvendo sobre o dereito á educación en contextos urbanos vulnerables de Varanasi, co apoio de Semilla para el Cambio, fortalecendo os procesos de apoio educativo e avanzando cara a modelos pedagóxicos máis inclusivos, participativos e centrados no alumnado. Do mesmo xeito, a intervención busca fortalecer a participación activa das familias e da comunidade nos procesos educativos, promovendo unha maior corresponsabilidade e apropiación comunitaria do programa.
Divya Jyoti Disabled Development Society
Xeral: Contribuír ao exercicio efectivo do dereito a unha educación inclusiva e de calidade para nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade social en Varanasi (India)
Específico: Fortalecer as capacidades pedagóxicas, organizativas e comunitarias do programa educativo desenvolvido por Divya Jyoti para mellorar os procesos de aprendizaxe, a motivación e a permanencia escolar da infancia e adolescencia en situación de vulnerabilidade social nos barrios de Sigra e Dashashwamedh, en Varanasi
RE 1.1. Fortalecidas as estruturas de liderado pedagóxico, coordinación educativa e mellora continua da calidade do programa educativo.
A.1.1.1. Creación e consolidación dunha figura de coordinación pedagóxica
A.1.1.2. Deseño e implementación dun sistema de observación de aula
A.1.1.3. Elaboración de ferramentas internas de seguimento e avaliación educativa para docentes e alumnado
A.1.1.4. Realización de reunións mensuais de coordinación pedagóxica
RE 2.1. Melloradas as capacidades pedagóxicas e metodolóxicas do profesorado para promover aprendizaxes significativas, inclusivas e centradas no alumnado
A.2.1.1. Desenvolvemento de sesións formativas dirixidas ao profesorado sobre metodoloxías activas e aprendizaxe significativa
A.2.1.2. Formacións específicas en igualdade de xénero e educación inclusiva
A.2.1.3. Acompañamento pedagóxico individualizado ao profesorado
A.2.1.4. Adquisición e elaboración de materiais educativos e recursos didácticos
RE 3.1. Mellorados os mecanismos de acompañamento educativo, motivación escolar e seguimento do alumnado participante.
A 3.1.1. Deseño e implementación de ferramentas diagnósticas e de seguimento individualizado do alumnado
A.3.1.2. Desenvolvemento de actividades de reforzo e acompañamento pedagógixo
A.3.1.3. Implementación dun sistema de detección temperá e seguimento do absentismo escolar
A.3.1.4. Desenvolvemento de actividades participativas e motivacionais co alumnado
RE 4.1. Fortalecidas a gobernanza comunitaria e a participación das familias nos procesos educativos e de seguimento escolar.
A.4.1.1. Creación e posta en marcha dun Consello Escolar
A.4.1.2. Realización de titorías trimestrais coas familias
A.4.1.3. Desenvolvemento de obradoiros comunitarios de sensibilización sobre educación, igualdade e acompañamento familiar
A.4.1.4. Implementación de mecanismos participativos de avaliación e retroalimentación comunitaria
Directa: 257 estudantes (130 nenos e 127 nenas)
Xunta de Galicia: 27.277,55 €