Co motivo do seu X Aniversario, este ano, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade adica ás IV Xornadas Anuais de Cooperación ao municipalismo cooperante. Baixo o título de “O compromiso global do mundo local”, representantes de diferentes entidades municipais exporán as súas experiencias en materia de cooperación ao desenvolvemento.
O obxectivo destas xornadas é abrir un espazo de encontro entre diferentes actores vinculados ao municipalismo e á solidariedade.
Estas Xornadas celébranse o 29 de novembro no Centro Sociocultural Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Máis información: www.fondogalego.org