Outras novas
21/11/2007
Outras novas

IV XORNADAS ANUAIS DE COOPERACIÓN

 

Co motivo do seu X Aniversario, este ano, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade adica ás IV Xornadas Anuais de Cooperación ao municipalismo cooperante. Baixo o título de “O compromiso global do mundo local”, representantes de diferentes entidades municipais exporán as súas experiencias en materia de cooperación ao desenvolvemento.

O obxectivo destas xornadas é abrir un espazo de encontro entre diferentes actores vinculados ao municipalismo e á solidariedade.

Estas Xornadas celébranse o 29 de novembro no Centro Sociocultural Caixa Galicia en Santiago de Compostela.

Máis información: www.fondogalego.org