Novas de Cooperación Galega
26/01/2016
Xeral

Adolescentes de ciudad Sandino crean unha rede de promotores que impulsa o desenvolvemento da súa comunidade

Un dos logros máis importantes do proxecto, foi deixar establecida unha rede de promotoras e promotores líderes, axentes de cambio na súa comunidade en temáticas trascentais coma a Saúde Sexual e Reproductiva (SSR), Dereitos Sexuais e Resproductivos (DSR), Violencia de Xénero e incidencia política.

Esta rede conformada por 40 adolescentes en situación de vulnerabilidade; por medio do baile, videoforos, talleres de educación sexual e asistencia médica, chegaron a ter apertura en escolas, centros sociais e inclusive coas autoridades locais, coas que xa mantiveron reunións.
Nesta intervención, habilitouse un espacio “El rincón del adolescente” onde os mozos da comunidade poden reunirse para estudar, facer manualidades, ler e compartir experiencias. As propias promotoras e promotores conseguiron involucrar directamente a 440 adolescentes do Municipio de Ciudad Sandino.
“Uno de los problemas que veo entre los jóvenes es la falta de motivación, muchos no encuentran trabajo y tanto tiempo libre provoca que consuman drogas” Comenta unha das promotoras. Outro dos problemas que resaltan os mozos é a violencia familiar, agradecendo ter un espacio onde poder reunirse, falar con profesionais e aprender a coidarse.