Novas de Cooperación Galega
05/03/2007
Xeral

CO GALLO DOS ACTOS EN TORNO A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, A DIRECTORA XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR APOIA A PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE INTERED “SE A MULLER AVANZA O MUNDO TAMÉN”

A Xunta está a colaborar coa Fundación InterRed nunha campaña de sensibilización, que dende o outubro pasado está a percorrer os centros de ensino, centros socioculturais, asociacións e organizacións de cooperación para o desenvolvemento. A campaña incita a reflexión a traveso de diversos materiais didácticos, entre os que se inclúen unha exposición fotográfica, tres pequenos reportaxes sobre as condicións da muller en diferentes partes do mundo, e unha obra teatral para traballar cos meniños de primaria.

Se trata de incidir sobre temas fundamentais como a influencia de determinadas estruturas sociais sobre as posibilidades de desenvolvemento das nenas e mulleres, analizando o seu papel nos diferentes ámbitos da vida: a educación, o traballo, a política, a saúde, a familia ou os movementos migratorios.

O primeiro paso: A Educación

Tanto dende InteRed como dende a Dirección Xeral de Cooperación se aposta por camiñar cara a equidade polo camiño da educación con perspectiva de xénero. A Delegada de InteRed Galicia, Amalia Álvarez, salientou a importancia da implicación dos medios de comunicación na difusión das mensaxes que a Campaña desenvolve, o valioso papel desempeñado polo voluntariado da organización, educadores sociais neste caso, así como o traballo en rede como estratexia fundamental dos axentes da cooperación.

A Presidenta da Fundación Rogas Voluntariado Social, Rosa Andión, explicou o aproveitamento da campaña elaborada por InteRed dentro dunha iniciativa denominada “Labregas en Rede” que comportará diferentes actividades de sensibilización, formación e encontro con mulleres do rural galego, destacando como forma de traballo fundamental a creación de tecido, para o tratamento de temas fundamentais como a discriminación de xénero, no que hai moito camiño que andar, tamén nas nosas sociedades.

Fabiola Sotelo, incidiu así mesmo en que “o primeiro paso para conseguir romper co círculo da discriminación de xénero, está en facer conscientes ás propias nenas e mulleres, de que posúen os mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os seus compañeiros de viaxe; para iso é necesario educalas por igual, permitir o acceso efectivo ás escolas e centros de formación, deixándolles demostrar que poden desempeñar traballos e tarefas do mesmo xeito que os homes”. Por enriba das diferentes cosmovisións preponderantes no mundo actual, está no horizonte a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, así coma os avances de Beijing, e especialmente o terceiro obxectivo dos Obxectivos do Milenio no que se propón “Eliminar as desigualdades entre os xéneros na ensinanza primaria e secundaria”.

InteRed, Rede de Intercambio e SolidariedadeA Fundación InteRed, Rede de Intercambio e Solidariedade, é unha ONG para a cooperación internacional e educación para o desenvolvemento, que nace no ano 1992 ao abrigo da institución Teresiana, conta cunha ampla experiencia na implementación de procesos socio-educativos dende o enfoque do absoluto respecto ao dereitos humanos e cunha especial atención á perspectiva de xénero. Ten sedes repartidas por toda España, e opera tamén no Reino Unido, en Perú e de xeito incipiente en Bélxica.

En canto o traballo no terreo, desenvolveu con financiamento da Xunta de Galicia, proxectos de carácter educativo en países coma Bolivia, Arxentina ou a República Dominicana, neste último levou adiante unha iniciativa denominada "Educación con Enfoque de Xénero nas Escolas Públicas da República Dominicana" que apoiou a formación de 250 mestras e mestres na incorporación á docencia do enfoque de xénero, nun país especialmente castigado por este tipo de discriminación.