Novas de Cooperación Galega
09/03/2016
Xeral

Comezan as capacitacións a enfermeiras e enfermeiros en Zelaya Central, como compromiso de garantir o dereito a saúde e a alimentación adecuada para as nenas e nenos en Nicaragua.

Estas capacitacións foron destinadas ao persoal de enfermería designado aos centros de saúde do SILAIS (Sistema Local de Atención Integral) de Zelaya central; centros de saúde a varias horas do hospital cabeceira (moitas veces soamente accesibles a cabalo) nos que poucos manteñen un médico a tempo compreto. Estes enfermeiros e enfermeiras, serán os encargados de replicar os coñecementos adquiridos cunha metodoloxía en fervenza; primeiro aos seus compañeiros e noutra fase, as brigadas comunitarias e os pais e nais de familia.
O proxecto “Promoción de la Salud Integral de niñas y niños de 0 a 5 años con énfasis en prevención y abordaje de la desnutrición en Zelaya Central, Nicaragua” é unha iniciativa conxunta de FUDEN e a Cooperación galega, que tamén equipou ao hospital cabeceira en Nueva Guinea e a diversos centros de saúde, con balanzas pediátricas, tallímetros, laringoscopios pediátricos, cintas pediátricas, termómetros, estetoscopios, nebulizadores entre outros.