Novas de Cooperación Galega
03/02/2008
Xeral

CONCESIÓN CATORCE NOVAS BOLSAS PARA FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS

A política de cooperación ao desenvolvemento está experimentando un importante crecemento en Galicia tanto no relativo a medios e instrumentos financeiros como á extensión xeográfica que abrangue. Esta situación fai necesaria a formación de recursos humanos para o desenvolvemento as actuacións neste eido, especialmente trala aprobación en 2003 da Lei de Cooperación ao Desenvolvemento, pola que Galicia asume a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral. (link á lista definitiva e destinos)