Novas de Cooperación Galega
28/11/2007
Xeral

CONCURSO PÚBLICO PARA UNHA ASISTENCIA TÉCNICA DE AVALIACIÓN EXTERNA DE PROXECTOS DA XUNTA

Por medio deste concurso público preténdese a contratación dunha asistencia técnica á Dirección Xeral de Cooperación Exterior para a avaliación de máis de 90 proxectos de cooperación internacional subvencionados pola Xunta de Galicia nos anos 1999, 2000, 2001 e 2005.

Cúmprese así coas esixencias do artigo 10 da Lei 3/2003, de 19 de xuño, de Cooperación para o Desenvolvemento, concretadas no Plan Director da Cooperación Galega 2006 a 2009, que establece como unha das súas prioridades desenvolver un plan anual de avaliacións externas da axuda como inicio dunha tarefa sistemática de avaliación da mesma, na que se cumpra a esixencia de rendición pública de contas, dando a coñecer os resultados e o impacto das accións acometidas, e na que se estableza un proceso sistemático de aprendizaxe a partir da consideración dos acertos e erros acumulados no pasado.

O anuncio do concurso foi publicado no DOG do 23 de novembro, establecéndose un prazo para a presentación de ofertas de dez días naturais dende o seguinte ao da publicación do anuncio.