Novas de Cooperación Galega
01/05/2008
Xeral

COOPERACIÓN EXTERIOR PROMOVE UNHA XORNADA DE EXPERTOS PARA CONSOLIDAR O COMERCIO XUSTO EN GALICIA

A dirección Xeral de Cooperación Exterior promove o vindeiro día 7 a “Xornada Técnica de Comercio Xusto en Galicia” co obxectivo de abordar a consolidación do sector de consumo responsable na comunidade autónoma, que segundo a diagnose presentada na Comisión de Traballo de Comercio Xusto medrou un 403% entre os anos 2000 e 2005, dende 265.000 a 1,3 millóns de euros.

Xornada en FerrolA xornada, que terá lugar no Salón de Actos do Vicerreitorado de Ferrol da Universidade da Coruña, reunirá diversos axentes relacionados co comercio xusto e consumo responsable que expoñerán e debaterán os distintos puntos de vista e as diferentes experiencias relacionadas ao tema. O evento é parte dunha estratexia da Dirección Xeral de Cooperación Exterior de aproveitar a tendencia positiva do sector para mellorar as estratexias de venda, profesionalizar o sector, sensibilizar ás consumidoras e consumidores e artellar o tecido asociativo do Comercio Xusto en Galicia.

ProgramaA directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, encargarase de inaugurar o evento, as 10h. De seguido, un representante de FLO Internacional presentará a conferencia inaugural sobre a necesidade do consumo responsable. As 11h, haberá unha pausa para o café en que se servirán produtos orixinados do Comercio Xusto. As 11h30, Yago Ricoy (Proxectos, Consultoría e Formación) presentará o estudo “Diagnose estratéxica e participativa do Comercio Xusto en Galicia”. A sesión matutina pecharase co debate da mesa “Comercio Xusto en Galicia: posibilidades de desenvolvemento” en que expoñerán Javier Prieto (GADISA), Blanca Sánchez (IDEAS S. Coop.) e representantes da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, da Coordinadora de ONGd e de establecementos comerciais de Comercio Xusto. A sesión da tarde empezará coa mesa de debate “A percepción cidadá do consumo responsable”, a partir das 16h30, composta por Edmundo Varela, da Asociación de Consumidores Coeticor, e representantes da ONGd e da Xoaniña S. Coop. Ao mesmo tempo, dende as 16h, as persoas interesadas poderán participar en dous obradoiros de traballo: “Análise viabilidade comercial de establecementos de Comercio Xusto” e “O mercado do Comercio Xusto: segmentación, análise posicional e marketing”.

Aínda está aberto o prazo de inscrición.

Máis información: http://www.xornadas.org/