Novas de Cooperación Galega
14/04/2008
Xeral

A COOPERACIÓN GALEGA ABRE A SÚA EXPOSICIÓN EN VIVEIRO

Hoxe tivo lugar no Centro Comarcal de A Mariña Occidental de Viveiro a inauguración da campaña Achégate! 2008 para os centros rurais, coas intervencións da Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román, e do Director Xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Emilio Martínez Rivas.A campaña “Achégate!” levará as iniciativas da Cooperación Galega por toda Galicia, visitando 13 centros comarcais nos vindeiros 14 meses, grazas á colaboración entre a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal.A exposición permanecerá dúas semanas en Viveiro, e a mostra complementarase coa exhibición de reportaxes gráficas, charlas informativas e contacontos. O 25 de abril ás 19:00, Clara María Raposo, da ONGD A Cova da Terra fará unha presentación sobre “O Traballo das ONGs: A Cova da Terra, unha experiencia Galega”O 28 de abril, a cargo de Anxo Moure, terán lugar 4 sesións de contacontos sobre historias solidarias. A elas acudirán cativas e cativos de todos os colexios da zona no seguinte horario: 10:30, 11:30, 12:30 e unha pola tarde.O día 30 de abril ás 19:00 horas, coincidindo coa clausura da exposición, terá lugar unha presentación por parte de Teresa López Lorenzo, asesora técnica externa da DXCE sobre a Cooperación Galega, complementada cunha charla sobre “O rural no sur, experiencias de Enxeñería sen Fronteiras”, a cargo de Cristina Zolle Fernández, coordinadora de Enxeñería sen Fronteiras para os proxectos de cooperación en Nicaragua.