Novas de Cooperación Galega
27/04/2008
Xeral

COOPERACIÓN GALEGA INAUGURA O SEMINARIO DE FINANZAS ÉTICAS IMPULSADO POR AMARANTE

Santiago, 28 de abril de 2008.- A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, participou esta mañá na inauguración do seminario de finanzas éticas “Os segredos dos investimentos bancarios”, que organiza a ONG Amarante e acolle a Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela ata o vindeiro mércores.Sotelo introduciu as xornadas enmarcando o evento no obxectivo de estender os hábitos comerciais responsables na sociedade galega; en concreto, nas actividades de informar sobre as regras do comercio internacional e a súa repercusión nas “desigualdades Norte-Sur” e “como neste caso”, presentando as “alternativas do comercio xusto e a banca ética”. A Decana de Ciencias Políticas, Nieves Lagares, salientou a importancia da participación dos universitarios neste tipo de iniciativas.Dende a Cooperación Galega, enténdese a banca ética coma unha “aliada na loita contra a pobreza”, segundo a súa directora, porque “financia actividades económicas cun impacto social positivo” e, ademais, rexeita investir en actividades relacionadas co “tráfico de armamento, o narcotráfico, a prostitución, a explotación laboral, o traballo infantil e a destrución do medio ambiente”.Fernanda Couñago, Directora de Amarante, destacou que ao longo destes días 28, 29 e 30 de abril, o seminario permitirá aos seus participantes coñecer experiencias de banca ética como a do Movimento dos Atingidos por Barragems de Brasil, a da empresa Triodos Bank, ou o proxecto da Federación de Cooperativas galegas Sinerxía.Co gallo da Semana do Comercio Xusto en Galicia, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior promoverá tamén unha Xornada Técnica sobre o Comercio Xusto o vindeiro mércores, 7 de maio, no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.