Novas de Cooperación Galega
22/10/2006
Xeral

CURSOS DE FORMACIÓN

Os cursos estarán dirixidos ao persoal contratado ou voluntario pertencente a calquera dos axentes de cooperación galegos recoñecidos na lei 3/2003 de Cooperación ao Desenvolvemento e inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación.

A Dirección Xeral, no seu desexo de transparencia, realizará un proceso de selección aberto, aínda que por lei non é obrigatorio facelo por un monto inferior a 12.000 euros. Ol enfoque dos cursos será teórico - práctico, cunha duración máxima de 25 horas, en horario e lugar a definir pola entidade solicitante. As persoas interesadas deberán presentar no Rexistro da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, ata o 3 de novembro, as súas ofertas e programas do curso.

Para coñecer o detalle do proceso de selección, premer aquí.