Novas de Cooperación Galega
18/04/2007
Xeral

A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR COLABORARÁ CO MOVEMENTO INDÍXENA DE CHIMBORAZO

A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, entrevistouse esta tarde coa líder indíxena Nina Pacari co fin de estudar posibles vías de colaboración co movemento indíxena de Chimborazo (Ecuador) da que Pacari é integrante.  Pacari fixo fincapé na necesidade de que ás comunidades indíxenas, que nalgunhas zonas do Ecuador superan o 70% da poboación, se convertan en actores que desenvolvan proxectos de cooperación. Pacari afirmou que moitos proxectos non conseguen bos resultados “porque non se ten en conta a multiculturalidade que existe dentro dos estados latinoamericanos”.

Entre as posibles vías de colaboración entre a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e o movemento indixenista aparece a de fortalecemento institucional do propio movemento así como proxectos de tipo productivo centrados na capacitación dos agricultores indíxenas en temas de sostebilidade ambiental. Sotelo anuncioulle que nos vindeiros meses se deplazará un técnico da dirección xeral ao Ecuador para facilitar o contacto coas contrapartes locais e identificar as necesidades para definir posibles colaboracións en materia de cooperación ao desenvolvemento.

Instituto para as Ciencias IndíxenasA promoción da investigación entorno aos distintos movementos indíxenas tanto de Chimborazo como do resto de Ecuador é unha das principais preocupacións deste movemento, como así llo expresou Pacari á directora xeral de Cooperación Exterior.  Para isto dentro da Universidade Intercultural dos Pobos Indíxenas de Quito preténdese crear un Instituto para as Ciencias Indíxenas, que podería contar nun futuro coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Esta institución permitiría recuperar e valorizar a lingua, historia e costumes destes pobos, ademais de darlle visibilidade dentro dunha sociedade que “segue a discriminar aos indíxenas” segundo palabras de Pacari.

Primeira muller indíxena en acceder a un ministerioNina Pacari é na actualidade representante polos pobos indíxenas de Sudamérica do Foro Permanente das Nacións Unidas para o período 2005 – 2007. A súa carreira política estivo dedicada á defensa dos dereitos dos pobos indíxenas e a promover un modelo de estado que baseado pluralidade, na diversidade e na  participación real destes pobos. Neste senso foi a primeira muller indíxena latinoamericana en exercer o cargo de ministra de Relacións Exteriores de Ecuador, representando ao Movimiento Plurinacional Pachakutik – Nuevo País.

O seu compromiso co movemento indixenista  quedou reflexado durante a súa etapa de dirixente da Confederación de Terras e Territorios  de Nacionalidades Indíxenas e na actualidade, no seu traballo  dentro do Instituto Interamericano de Dereitos Humanos. Ademais pertence ao Consello de Nacionalidades Kichua- Ecuarunari.

Pacari encóntrase de visita en Galicia para participar no ciclo de conferencias “Conversas con” organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que dará comezo coa intervención da dirixente indixenista coa intervención “Cara unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende o primeiro mundo.