Novas de Cooperación Galega
09/09/2007
Xeral

A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR LANZA UN CATÁLOGO DE RECURSOS EDUCATIVOS PARA O PROFESORAD

A Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, comezou a divulgación, coa coincidencia do inicio do curso escolar, do Catálogo de Recursos Educativos. Este catálogo ten o fin de achegar á poboación ás accións que en materia de cooperación se están a desenvolver en Asia, África e Sudamérica.

O catálogo chega a todos os centros educativos galegos (concretamente, 1765 centros) e a todo o seu profesorado, ao que xa se lle adiantou un díptico cos contidos do mesmo a finais do mes de agosto, coa finalidade de que os novos coñecementos aportados puideran ser incluídos nos programas do curso 2007-2008.

Trátase dunha recompilación de materiais das ONGD’s organizados por temas, e que queda posto a disposición da comunidade educativa de primaria, secundaria e bacharelato, vía internet.

Este novo instrumento trata de encher o oco creado pola inexistencia dalgún recurso no que se aglutinarán todos os contidos dos que as mestras e mestres se puideran nutrir.

Cúmprese así, un dos obxectivos primeiros que a Dirección se marcara para o 2007, fomentar a educación para o desenvolvemento normalizada e estable, chegando así encauzar á transmisión da relevancia da loita contra a pobreza e as súas causas.

O feito de elixir o soporte informático, está pensado para favorecer unha rápida e máis completa actualización e para conseguir unha maior difusión. Estas tarefas estanse a levar a cabo en colaboración coa Consellería de Educación.