Novas de Cooperación Galega
04/02/2007
Xeral

A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR ORGANIZA ACTIVIDADES FORMATIVAS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER OS PROCESOS DE FORMULACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

A Dirección Xeral de Cooperación Exterior está a financiar actividades formativas encamiñadas a dar a coñecer os procedementos de formulación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización. En concreto, realizaranse once  cursos que terán lugar nas cidades de A Coruña, Vigo e Santiago dende hoxe ata o vindeiro 24 de marzo, seis deles centrados en formulación de proxectos de cooperación e marco lóxico e outros cinco relacionados coa formulación de proxectos de sensibilización.

A organización e financiamento destes seminarios resposta a un dos obxectivos prioritarios do Plan Director da Cooperación Galega, como é a mellora da calidade técnica e operativa do sector da cooperación, mediante a potenciación de cursos de formación integral.

Nestes cursos só poderán participar o persoal voluntario ou contratado pertencente a calquera dos axentes de cooperación galegos recoñecidos na Lei 3/2003 de Cooperación ao Desenvolvemento e inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación.  En total máis de 140 persoas pertencentes a máis de 40 ONGD´S e outras entidades do sector da cooperación participarán nestes once cursos organizados pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Obxectivos dos cursosO obxectivo dos cursos, que terán un carácter intensivo, é asegurar dun xeito teórico, pero sobre todo práctico, a formación dos asistentes tanto na formulación de proxectos de cooperación como de proxectos integrais de sensibilización. Para acadar unha atención o máis personalizada posible limitouse a doce o número de asistentes por curso.

Nos cursos sobre formulación de proxectos de cooperación abordaranse, entre outros temas, as metodoloxías para a xestión de proxectos centradas no enfoque do marco lóxico, o ciclo do proxecto nas súas diversas fases ou como introducir os enfoques transversais de xénero e medio ambiente. Así mesmo no programa dos cursos orientados á formulación de proxectos integrais de sensibilización inclúese o deseño de proxectos, a xestión, o seguimento e avaliación, ademais de estudos prácticos de caso.

DatasOs cursos celebraranse nas seguintes datas:Formulación de proxectos de sensibilización- Vigo : 5 e 6 de febreiro- A Coruña : 7 e 8; 21 e 22 de febreiro- Santiago : 9 e 10; 26 e 27 de febreiro

Formulación de proxectos de cooperación e marco lóxico- Vigo : 26, 27 e 28- A Coruña : 22, 23 e 24 de febreiro; 22, 23, 24 de marzo- Santiago : 16,17, 23  e 24 de febreiro; 9,10 e 16,17 de marzo