Novas de Cooperación Galega
09/04/2008
Xeral

A DIRECCIÓN XERAL PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DUN SEMINARIO SOBRE BIODIVERSIDADE E COOPERACIÓN

Esta mañán, a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román, participou na inuaguración do Seminario de retos e desafíos da Cooperación Internacional na Conservación da Biodiversidade, organizado polo Centro de Educación Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) en Santa Cruz (Oleiros).

Este Seminario, no que participan expertos sinalados coma José Jiménez de AECID e Judith Sing Jackson de Amigos da Terra, pretende promover a integración da conservación da biodiversidade nas actuacións da Cooperación Internacional para o desenvolvemento, así coma facilitar o intercambio de coñecementos e a colaboración dos distintos actores.

A PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE

Esta Participación se enmarca dentro dos obxectivos recollidos no I Plan Director respecto da conservación do medioambiente. Unha biodiversidade adecuada limita os efectos catastróficos de fenómenos tales como o cambio climático ou as pragas, sendo esencial para manter a viabilidade a longo prazo da agricultura e pesca con miras á produción alimentaria, ademais de ofrecer a solucións aos problemas en materia de contaminación e enfermidades.

Vista situación da biodiversidade nos países máis avanzados, cómpre substituír a visión paternalista da cooperación por un labor colaborativo e bidireccional entre os cooperantes. Na súa intervención, a Subdirectora Xeral recalcou a importancia de incluír a perspectiva de Xénero nas políticas a emprender.

En palabras de Carlota Román, a protección da biodiversidade “traspasa os estreitos límites nacionais e esixe cada vez máis de acordos de Cooperación Internacional, colaboración e obxectivos compartidos entre os países e a busca de políticas orientadas” e tamén “da participación nas decisións dos protagonistas humanos de actuación directa sobre o territorio”.  Para rematar, a Subdirectora Xeral lembrou que “o verdadeiro compromiso da conservación é de todos