A EGAP E A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR ORGANIZAN UNHAS XORNADAS PARA ACHEGAR AO FUNCIONARIADO GALEGO AS ACTIVIDADES A PROL DO DESENVOLVEMENTO
Baixo o título de “A cooperación para o desenvolvemento. A experiencia galega” celebraranse estes días en Santiago as xornadas que, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, pretenden que o funcionariado da Administración Autonómica se familiarice coas actividades realizadas a prol do desenvolvemento.
Trátase de que o persoal da Xunta de Galicia coñeza os actores e a metodoloxía empregada no ámbito da cooperación galega, facendo especial fincapé nas actividades que se están a levar a cabo neste eido dende a nosa comunidade.
As xornadas, que terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en horario de 17 a 20 horas, darán comezo esta mesma tarde e finalizarán o vindeiro xoves 28 de Setembro. Irene Rodríguez Manzano, profesora da facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de abrir o curso cunha introdución aos conceptos básicos das teorías do desenvolvemento.
A cooperación dende a Unión Europea ou a metodoloxía empregada na xestión de proxectos serán outros dos temas a tratar neste curso que terá a seguinte programación:
-18 de SetembroIntrodución : conceptos básicos e teorías do desenvolvemento.Irene Rodríguez Manzano ( Universidade de Santiago de Compostela)
-19 de SetembroDistintos modelos de cooperación e intervención. Os actores da cooperación.Fidel Martín Rocha ( Cruz Vermella)
-20 de SetembroDa cooperación internacional á cooperación española. A cooperación dende a Unión Europea.Carlos Teijo García (Universidade de Santiago de Compostela)
-21 de SetembroA cooperación galega I: marco normativo e liñas prioritarias da cooperación oficial galegaBeatriz Villanueva Penas (técnico da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia)
-25 de SetembroA cooperación galega II: a cooperación non gobernamental en Galicia e a experiencia dos outros axentes.Xosé María Torres Bouza (Coordinadora Galega de ONGD´s)
-26 de SetembroMetodoloxía I: o ciclo de xestión de proxectos. O enfoque do marco lóxicoXosé Cuns Traba (técnico da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia)
-27 de SetembroMetodoloxía II: o ciclo de xestión de proxectos.O enfoque do marco lóxico.Xosé Cuns Traba (técnico da Dirección Xeral de Cooperación Exterior)Carolina Diz Otero (cooperante)
-28 de SetembroExperiencias prácticas na xestión de proxectosMaría Reimóndez Meilán ( ONGD Implicadas no desenvolvemento)