Novas de Cooperación Galega
16/10/2007
Xeral

FABIOLA SOTELO, REUNIUSE ESTA MAÑÁ CON MARIO GONZÁLEZ, COORDINADOR REXIONAL DE OSPESCA

A Directora Xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, mantivo unha reunión a primeira hora desta mañá con Mario González, Coordinador Rexional da Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola do Istmo Centroamericano (OSPESCA), para falar sobre o Plan de Apoio á Formación Profesional dos Pescadores Artesanais en Centroamérica, ao que a Xunta de Galicia destina 842.000 euros.

Beneficiará a preto de 2.700 persoas de Honduras, Nicaragua, Panamá, Belice, O Salvador, Guatemala e Costa Rica e será desenvolvido a través do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).Este Plan xurde do Programa de Cooperación Rexional con Centroamérica, cuxo obxectivo xeral é mellorar o deseño e a execución na rexión das políticas públicas encamiñadas cara a obtención dun maior desenvolvemento humano e unha mellora na eficacia na loita contra a pobreza.O obxectivo concreto deste programa é a promoción de espazos institucionais para a converxencia, coordinación e harmonización de actores e políticas públicas en áreas clave par ao desenvolvemento e a integración rexional.

Dentro deste marco teórico, OSPESCA colabora na coordinación das estratexias e proxectos sobre o sector en centroamérica para conducir unha política pesqueira común.Cooperación Exterior destina 842.000 euros a un programa de formación de pescadoras e pescadores en CentroaméricaA Dirección Xeral de Cooperación Exterior destinará 842.000 euros nos vindeiros tres anos a un programa de formación de pesca artesanal en Centroamérica que ten como obxecto impulsar a profesionalización do sector e o desenvolvemento económico destas comunidades. Este proxecto, que coordinará a galega Iria Gippini, beneficiará de xeito directo a máis de 700 pescadoras e pescadores artesanais e a preto de 50 formadoras e formadores e persoal técnico das administracións pesqueiras de Honduras, Nicaragua, Panamá, Belice, O Salvador, Guatemala e Costa  Rica. Trátase da iniciativa máis importante en materia de cooperación levada a cabo pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior no 2007.

O programa, que se desenvolverá a través do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) da Xunta de Galicia e a Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola Centroamericano (OSPESCA), consta de tres ámbitos de actuación en función do grupo ao que vaia dirixido. O primeiro deles vai destinado ao persoal técnico das administracións pesqueiras e centrarase na realización de talleres específicos sobre o sector, que serán impartidos por persoal experto galego e centroamericano.

O segundo dos grupos ao que vai dirixido este plan é a formadoras e formadores, que participarán en cursos especializados co obxecto de que adquiran os coñecementos  necesarios para poder transmitilos posteriormente ás pescadoras e pescadores.

As comunidades artesanais constitúen o terceiro e o máis amplo dos sectores aos que vai destinado este programa. O obxectivo principal é incrementar a cualificación de todas as persoas integrantes do sector pesqueiro (extractores, recolectores, procesadores, comerciantes...) mediante a súa formación en técnicas de pesca, artes e aparellos, así como na comercialización dos produtos pesqueiros. Ademais, xa recibiron cursos de prevención de riscos laborais e seguridade no traballo.

Este Programa de Formación de Pescadores Artesanais de Centroamérica, forma parte dunha iniciativa máis ampla de apoio ao sector pesqueiro artesanal e acuicultura, o Plan de Pesca Centroamerica, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional

Capacitación das mulleresO programa prestará unha especial atención á formación das mulleres, xa que son as encargadas da venda dos produtos pesqueiros nestes países. Así, recibirán cursos en materia de manipulación, hixiene, conservación, comercialización e xestión dunha pequena empresa.

O proxecto levarase a cabo en colaboración cos gobernos locais e a Organización Pesqueira e Acuícola do Istmo Centroamericano (OSPESCA), integrada polos ministros, viceministros e directores de pesca e acuicultura da rexión.

A ampla experiencia galega no sector pesqueiro constitúe a base principal deste programa co que se pretende contribuír a facer da pesca artesanal o motor para o desenvolvemento económico e a xeración de emprego nestas comunidades. Para iso, darase unha resposta integral ás necesidades de formación do sector, de xeito que se incida en todas as fases do proceso: dende a extracción e a pesca artesanal, ata comercialización e a formación das administracións responsables da xestión dos recursos pesqueiros.

Escasa tecnificaciónA pesca e acuicultura constitúen para gran parte da poboación centroamericana a fonte de subsistencia e o medio a partir do cal poden acceder a mellores condicións de vida, xa que o sector facilita oportunidades de xeración de emprego e beneficios para as empresas que se involucran neste sector. A poboación dedicada a esta actividade económica é relativamente nova, en torno aos trinta anos, e case a metade das pescadoras e pescadores artesanais desempeñan algunha outra actividade económica que lles proporciona ingresos complementarios. Sen embargo, o grao de tecnificación é moi escaso e preto da metade das embarcacións artesanais son botes, o que dificulta o desenvolvemento do sector.