Novas de Cooperación Galega
21/11/2006
Xeral

GALICIA PARTICIPA NA IX XUNTANZA DA COMISIÓN MIXTA HISPANO PERUANA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL QUE SE CELEBRA HOXE EN LIMA PARA DEFINIR O PLAN DE ACTUACIÓN ATA 2010

Galicia está a participar na xuntanza da IX Comisión Mixta Hispano Peruana de Cooperación, na que se marcarán as liñas de actuación que rexerán as políticas de colaboración entre España e Perú durante o período 2007- 2010. O encontro terá lugar esta tarde (noite en Galicia) na cidade Lima e nela participarán a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Leire Pajín, en representación da Administración Central, acompañada pola directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Fabiola Sotelo, en representación das Administracións autonómicas.

Esta tarde asinarase o Programa de Cooperación Hispano Peruano 2007-2010 co que se pretende contribuír co Goberno peruano para mellorar as condicións de vida da súa poboación. Así, establécese como prioridade poñer en marcha iniciativas para promover a inclusión de sectores en condicións de vulnerabilidade, así como fortalecer o proceso de consolidación democrática. O acordo conta con tres grandes eixes: o fortalecemento da gobernabilidade democrática, a contribución a unha maior cohesión social e o reforzo das bases de desenvolvemento económico sostido, co fin de crear maiores oportunidades e mellorar a participación de Perú na economía mundial. Para o seu desenvolvemento, traballarán no país andino ONGD´s, empresas, universidades e outros axentes.Oito proxectos dende GaliciaO goberno galego está a financiar en 2006 oito proxectos de cooperación en Perú. A Dirección Xeral de Cooperación Exterior a aposta por que as diversas comunidades poidan acadar un grao de desenvolvemento aceptable e que os seus habitantes poidan acadar unhas condicións de vida dignas. Con esta finalidade, contribúe en actuacións para a dotación de abastecemento integral de auga Libertad Chosica (LIMA), no deseño de plans integrais para o desenvolvemento sostible na microconca Yatún, na provincia de Cutervo, e en programas educativos para menos en situación de exclusión social en Chota e Chiriaco. En total, a achega da Administración autonómica ascende a 651.894 euros.

A directora xeral de Cooperación Exterior desprazarase estes días ata Chiriaco para comprobar os avances dos proxectos educativos que a congregación de Servas de San Xosé está a desenvolver na zona coa colaboración da Xunta de Galicia.