Novas de Cooperación Galega
10/12/2014
Xeral

Hoxe conmemórase o día dos Dereitos Humanos

Dende entón, cada 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Esta xornada conmemorativa é unha data para valorar os logros acadados e para reflexionar sobre os futuros retos no cumprimento dos Dereitos Humanos.

Actualmente, un dos principias desafíos neste ámbito é a loita contra a pobreza, unha realidade que nega os Dereitos Humanos máis básicos. Traballar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio encamiñados a garantir o dereito á vida, á saúde e á educación básica é fundamental para garantir unha vida digna aos millóns de persoas que aínda hoxe viven en situación de pobreza.

O III Plan Director da Cooperación Galega inclúe na súa declaración de misión o enfoque de dereitos humanos ao afirmar como obxectivo a promoción do dereito ao desenvolvemento humano, integral e sostible. Así mesmo recoñece o respecto polos dereitos humanos como unha prioridade transversal que debe ser considerada en toda intervención de desenvolvemento. Por tanto, a promoción e a protección dos dereitos humanos debe estar presente nos procesos de desenvolvemento que se promovan, xa que o obxectivo do desenvolvemento é conseguir unha ampliación efectiva dos dereitos das persoas.

Neste sentido, a Xunta de Galicia comprométese a seguir apoiando e desenvolvendo proxectos enfocados a mellorar as condicións de vida das persoas máis vulnerables dende un enfoque baseado nos dereitos humanos.