Novas de Cooperación Galega
27/11/2007
Xeral

INAUGURACIÓN, POR MEDIO DUNHA VÍDEO CONFERENCIA, DUN TALLER INTERNACIONAL

A directora Xeral de Cooperación Exterior Fabiola Sotelo participou hoxe no Taller Internacional “A Capacitación da Industria Láctea, Desafíos Actuais” mediante unha vídeo conferencia na que destacou a importancia de contribuír ao desenvolvemento da industria láctea latinoamericana e ao fortalecemento do sector, mediante a capacitación dos seus recursos humanos.

 

Sotelo destacou a participación da Aula Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, como “actor galego con probada experiencia a nivel europeo en formación e capacitación de empresas”, e o impacto que ten na súa promoción a través do aumento de Inversión e Desenvolvemento (I+D). Ademais recordou que a Xunta xa participara con este departamento da USC en diferentes proxectos de teleformación noutros países como Perú.

 

Do mesmo xeito sinalou a calidade e experiencia dos outros actores implicados na Rede de Formadores e de Centros de Formación Lácteos: A Federación Panamericana de Lechería (FEPALE) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

 Centro de referencia de Industrias Lácteas

A Xunta de Galicia destina 167.874 euros o financiamento dun proxecto para crear e consolidar unha rede de formadores e Centros de Formación lácteos que xestione programas de capacitación adaptados as diversas realidades de Uruguai, e para desenvolver un programa de capacitación que modernice e consolide as pequenas e medianas empresas do sector lácteo latinoamericano, traballando polo seu obxectivo último: os pequenos produtores.

 

Esta Rede Latinoamericana de capacitación pretende asegurar que se cumpran os obxectivos de capacitación e desenvolvemento en cada unha das subsedes identificadas (en Uruguai, Colombia e Costa Rica) e nos países do seu entorno, durante os próximos tres anos.

 

A directora xeral de Cooperación recordou a importancia da implicación decidida dos gobernos e institucións responsables, tanto na formulación como na realización e viabilidade posterior do proceso.