Novas de Cooperación Galega
14/09/2016
Xeral

Incorporación dos bolseiros e bolseiras de cooperación da convocatoria 2016.

Os adxudicatarios das bolsas de formación da cooperación galega participaron nunha xornada de formación con técnicos da Dirección Xeral antes de partir para os seus destinos en África e América Latina.

Na xornada, os novos bolseiros coñeceron de primeira man a estrutura da dirección xeral e as tarefas que realizan os distintos servizos da subdirección xeral de cooperación exterior; así mesmo, recibiron información dos proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía en terreo.

Os bolseiros incorporaranse ao longo deste mes ás oficinas técnicas de cooperación da AECID na República Dominicana, Nicaragua, o Perú e Mozambique, todos eles países prioritarios da cooperación galega segundo o establecido no III Plan director 2014-2017.

As dúas restantes bolseiras realizarán a súa formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela.