Novas de Cooperación Galega
10/09/2015
Xeral

As novas bolseiras de cooperación participan nunha xornada de formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE

Na xornada, as bolseiras coñeceron de primeira man a estrutura da dirección xeral e as tarefas que realizan os distintos servizos da subdirección xeral de cooperación exterior; así mesmo, recibiron información dos proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía en terreo.

As bolseiras incorporaranse ao longo deste mes ás oficinas técnicas de cooperación da AECID na República Dominicana, Nicaragua, o Perú, o Ecuador, Mozambique e á representación da FAO en Guatemala, todos eles países prioritarios da cooperación galega segundo o establecido no III Plan director 2014-2017. As dúas restantes bolseiras realizarán a súa formación na sede da Dirección Xeral en Santiago de Compostela.