Novas de Cooperación Galega
05/12/2022
Xeral

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantén un encontro co embaixador de España na República Dominicana

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi recibido polo embaixador de España na República Dominicana, Antonio Pérez-Hernández y Torra.

Na recepción tamén participaron o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero.

O acto enmárcase na viaxe que está a realizar estes días o vicepresidente segundo da Xunta co obxectivo de visitar proxectos de cooperación ao desenvolvemento apoiados pola Xunta nos últimos anos ao abeiro dos plans directores da cooperación galega.

Diego Calvo e Antonio Pérez-Hernández y Torra abordaron os lazos históricos entre Galicia e a República Dominicana así como as iniciativas de cooperación do Goberno galego, país considerado estratéxico para a Cooperación Galega polo seu vínculo histórico e pola tradicional presenza e traballo desenvolvido por numerosos axentes galegos de cooperación neste país.