Novas de Cooperación Galega
17/12/2006
Xeral

OFERTA DE CURSOS DE FORMULACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO E SENSIBILIZACIÓN

A organización e financiamento destes seminarios resposta a un dos obxectivos prioritarios do Plan Director da Cooperación Galega, como é a mellora da calidade técnica e operativa do sector da cooperación, mediante a potenciación de cursos e formación integral

Nestes cursos, que terán  unha matrícula simbólica de 25 euros por asistente, poderá participar o persoal voluntario ou contratado pertencente a calquera dos axentes de cooperación galegos recoñecidos na Lei 3/2003 de Cooperación ao Desenvolvemento e inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación.

O obxectivo dos cursos, que terán un carácter intensivo, é asegurar dun xeito teórico, pero sobre todo práctico, a formación dos asistentes tanto na formulación de proxectos de cooperación como de proxectos integrais de sensibilización. Para acadar unha atención o máis personalizada posible os cursos contan cun número máximo de asistentes de doce.

DatasA data límite  para a preinscrición  e o 10 de Xaneiro de 2007 e realizarase directamente nas entidades organizadoras, Algalia, Devalar e Iye.Os cursos celebraranse nas seguintes datas :

- Formulación de proxectos de sensibilización. (ALGALIA)Vigo 5 e 6 de febreiroA Coruña 7 e 8 de febreiroSantiago  9 e 10 de febreiro

- Formulación de proxectos de cooperación e marco lóxicoSantiago  16,17,23  e 24 de febreiro (DEVALAR)A Coruña  22,23 e 24  de febreiro (IYE)Vigo 26,27 e 28 de febreiro (IYE)

Para máis información sobre os cursos  prema aquí