Novas de Cooperación Galega
19/04/2006
Xeral

OS XORNALISTAS GALEGOS ASEGURAN QUE AS ONGS NON APROVEITAN AS POSIBILIDADES DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, ESPECIALMENTE AS DE INTERNET

Os xornalistas galegos aseguran que as Organizacións non Gobernamentiais para o Desenvolvemento non están a aproveitar as posibilidades que os medios de comunicación brindan para difundir a súas mensaxes. En concreto, a directora do portal Vieiros, María Yañez, asegurou que estas organizacións non estan a ter en conta as vías abertas por internet par difundir o seu traballo e comunicar directamente coa cidadanía. Yáñez instounos a situarse na rede de redes, prescindindo dos mediadores, e posicionando as súas visións do mundo directamente aos públicos cos que queren conectar.

Ao seu ver, existe actualmente unha conxuntura de mudanza no plano da comunicación, que deben aproveitar as organizacións do terceiro sector para “tomar unha posición vantaxosa”. Deben optimizar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da información e comunicacións que están a facer posíbel unha “democratización da comunicación, que semella voltar ás mans da cidadanía”.

Xunto a María Yañez de Vieiros, Rubén Santamarta Vicente en representación da Voz de Galicia, Ana Miranda da Axencia Galega de Noticias (AGN), Julia Campos do equipo de informativos da TVG e o xornalista de El Correo Gallego Xaime Leiro participaron nunha mesa de redonda para analizar o compromiso dos medios de información galegos coa información de cooperación ao desenvolvemento. Este foro, enmarcado nas I Xornadas de Cooperación e Comunicación Social, foi moderado polo profesor Titular de Xornalismo Especializado na USC e director do Observatorio Galego de Medios, Luis Álvarez Pousa.

Un papel máis activo de comunicación das ONGS Este grupo de xornalistas coincidiron en reclamar “un papel máis activo das ONGDs no eido comunicativo” para aproveitar a actual conxuntura de democratización informativa, aínda que recoñecen a “tiranía do espazo” e a “competencia cos temas de política” que se vive a diario nas redaccións dos medios. Do mesmo xeito, denunciaron que non hai grande marxe para a especialización dos xornalistas nestes ámbitos.Xaime Leiro asegurou na súa intervención que outro dos obstáculos para a presenza de información “social” nos medios de comunicación galegos é a “febleza do modelo solidario autóctono galego” que se verifica tamén no campo da comunicación. Leiro expuxo que se o colectivo solidario non pode considerarse “grupo social de presión en Galicia” eso inflúe na consideración que os medios de comunicación fan deles. Así mesmo, dixo que “pluralidade de ideoloxías que as organizacións representan, posto non sempre encaixan co que os medios precisan en contextos específicos e “que reduce a presenza destas organizacións á vontade das simpatías de contados xornalistas”.

Profesionalización da comunicaciónA xornalista Julia Campos centrouse nas probabilidades de que as ONGDs consigan esta presenza nos medios e destacou que na actualidade están prácticamente “limitadas aos Días Internacionais, aos grandes desastres e á súa actuación en eventos de relevancia mundial, tendo acceso a declaracións e imaxes exclusivas”. Por este motivo, Campos chamou á profesionalización da comunicación dentro das ONGDs para facilitar as relacións cos medios. Neste sentido, insistiu que “actualmente xa se superou a visión inxenua da solidariedade” resaltando que “as ONGDs son entidades profesionais, con poder e, por tanto, son vistas como fundamento de opinión, pola confianza e penetración social que manteñen”.

A xornalista de AGN, Ana Miranda, coincidiu en subliñar a necesidade de que as ONG’s incrementen a súa actividade, con respecto dos medios de comunicación, a través dunha maior difusión de comunicados e convocatorias de roldas de prensa. Ana Miranda, consciente da dificultade de modificar a situación actual, dixo que os reponsables das ONGs galegas “non están acostumbrados a ter unha relación habitual cos medios de comunicación”.

Dende a perspectiva dos medios de comunicación, Miranda recoñeceu “a preponderancia que adoitan ter outro tipo de informacións como as de contido político ou económico”.”Por iso –explicou- os xornalistas temos que aproveitar as fins de semana ou os días nos que se produza pouca información de carácter político para introducir contidos sociais. Ademais, “a falta de tempo é outra das barreiras que impide a publicación de informacións relacionadas coas ONG’s”.

Especialización en temas sociaisRubén Santamarta, pola súa banda, avogou por unha especialización en temas sociais. O xornalista explicou que en Galicia “non hai realmente ninguén que esté formado e informado sobre os temas os asuntos sociais”. Estos especialistas, segundo Santamarta, son necesarios para que os medios informativos dean cobertura ás noticias procedentes das ONG’s. Ademais da falta de tempo da que falara Ana Miranda, o xornalista de La Voz de Galicia engadiu que, no seu caso, está sometido á “dictadura do espazo”, polo que “é difícil atopar un oco para os contados de carácter social”.

Seminario permanente sobre xornalismo socialÁlvarez Pousa, que abriu a sesión, salientou a necesidade de procurar as formas máis adecuadas para a producción da información no ámbito da cooperación, “poñendo en valor a identificación imaxinativa coas vidas dos demáis” propia do quefacer xornalístico. Explicou tamén a necesidade de continuar impulsando un “xornalismo social preocupado polas vidas dos máis vulnerados polos poderes fácticos”.

Na súa comparecencia, Álvarez Pousa anunciou a iminente posta en funcionamento dun seminario permanente sobre xornalismo social entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Grupo de Investigacion Cidadanía e Comunicación da USC. Tal seminario viria a continuar a labor de monitorización do Observatorio Galego de  Medios incidindo esencialmente nas problemáticas sociais e de xénero.