Novas de Cooperación Galega
09/10/2007
Xeral

PRESENTACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN 2007-2008 DA OEI, EN EDUCACIÓN, CIENCIA E CULTURA

A Directora Xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, asistiu esta mañá a unha reunión a cargo da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) na Casa América de Madrid, celebrada con motivo na presentación no novo Plan de Cooperación 2007-2008.

Á mesma asistiron Mercedes Cabrera, Ministra de Educación; Felipe González, ex presidente do goberno; Álvaro Marchesi, presidente da OEI en España; e Enrique Iglesias, titular da secretaría xeral iberoamericana (SEGIB). Tamén participaron os embaixadores de todos os países latinoamericanos, altos cargos da educación, da cooperación e das relaciones exteriores, e representantes de diferentes organismos que traballan con Latinoamérica; para tratar os desafíos no campo da educación, da ciencia e da cultura.

As liñas xerais deste plan están enmarcadas de novo na educación como vía de desenvolvemento. A este respecto, Marchesi fixo fincapé na necesidade de apostar por un compromiso colectivo e por un fortalecemento dos valores para a educación da cidadanía, a través de dimensións como o coñecemento doutras culturas e o deporte. Ademais, recordou a importancia do apoio a formación profesional técnica e o fortalecemento das políticas públicas educativas. Para todo elo, a OEI puxo en marcha, coa participación doutras fundacións, un centro de estudos superiores para promover o intercambio de estudantes e a formación de profesorado.

Con todo, a organización marca uns obxectivos para este novo período que estrea, entre os que destacan a colaboración na mellora da gobernabilidade, nas reformas educativas dos países que procuran unha maior calidade no ensino, na promoción das políticas educativas, e no fortalecemento da cultura cívica, democrática e igualitaria. Así acadaríanse tamén o incremento da posibilidade de acceso a educación, e a relación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade.

Participación da Xunta coa OEIA Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, destina 200.000 euros a creación xunto coa OEI, o Ministerio de Educación de Arxentina e a Consellería de Educación, do Instituto de Desenvolvemento e Innovación Educativa. Este centro ten como liñas prioritarias de traballo o apoio á educación infantil, ós dereitos da infancia, á educación en valores e para a cidadanía, á alfabetización dos adultos, e á formación do profesorado.

O obxectivo desta actividade conxunta é incrementar a sensibilización social, política e técnica arredor da cuestión educativa. E os mecanismos de traballo centraranse na xestión do coñecemento, incluíndo a divulgación da información e as boas prácticas, así como a asistencia técnica.