Novas de Cooperación Galega
28/07/2023
Convocatorias

Publicación da avaliación definitiva do proceso de selección das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base décimo primeira da Orde do 12 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR809A), DOG núm. 106, do 6 de xuño, unha vez finalizado o proceso de avaliación dos méritos e realizadas as entrevistas persoais o día 26 de xullo de 2023, faise pública a puntuación das entrevistas, así como as listaxes de persoas propostas entre as solicitantes que acadaron una maior puntuación e os seus destinos, así como a listaxe de reserva.