Novas de Cooperación Galega
20/07/2017
Convocatorias

Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base sétima, apartados segundo e terceiro, da Orde do 15 de maio de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, dase publicidade ao listado de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos. Así mesmo, publícase a data, lugar e hora de celebración das entrevistas persoais así como os criterios específicos a avaliar nelas.