Novas de Cooperación Galega
20/07/2018
Convocatorias

Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base oitava, apartado segundo, da Orde do 24 de abril de 2018 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG do 21.05.2018), dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.

Así mesmo, publícase a data, hora e lugar de celebración das entrevistas persoais, así como os criterios específicos a avaliar nelas.