Novas de Cooperación Galega
13/08/2021
Convocatorias
Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
En cumprimento do disposto na base décima da Orde do 18 de xuño de 2021 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG do 1.07.2021), dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.
Así mesmo, publícase a data, hora e lugar de celebración das entrevistas persoais, así como os criterios específicos a avaliar nelas.
Ligazóns