Novas de Cooperación Galega
22/07/2022
Convocatorias

Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base décima da Orde do 11 de maio  de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e procédese á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG do 2.06.2022), dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.

Así mesmo, publícase a data, hora e lugar de celebración das entrevistas persoais, así como os criterios específicos a avaliar nelas.