Novas de Cooperación Galega
01/07/2024
Convocatorias
Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
En cumprimento do disposto na base décima da Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR809A), DOG núm. 91, do 10 de maio), dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.
Así mesmo, publícase a data, hora e lugar de celebración das entrevistas persoais, así como os criterios específicos a avaliar nelas.
Ligazóns