Publicación da avaliación definitiva dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
En cumprimento do disposto na base décima da Orde do 20 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR809A), DOG núm. 61, do 1 de abril, dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.
Así mesmo, publícase a data, hora e lugar de celebración das entrevistas persoais, así como os criterios específicos a avaliar nelas.
Valoración definitiva de méritos
Anexo I puntuacións definitivas (por orde de puntuación)
Anexo II Data, hora e lugar das entrevistas persoais
Anexo III Criterios específicos a avaliar na entrevista