Novas de Cooperación Galega
12/07/2018
Convocatorias

Publicación da listaxe provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base oitava, apartados primeiro e segundo, da Orde do 24 de abril de 2018 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG do 21.05.2018), unha vez avaliados os méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade á listaxe provisional ordenada polas puntuacións outorgadas e ábrese un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións e realizar consultas sobre ela.