Novas de Cooperación Galega
14/07/2022
Convocatorias

Publicación da listaxe provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base décima, apartados primeiro e segundo, da Orde do 11 de maio de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG do 2.06.2022), unha vez avaliados os méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade á listaxe provisional ordenada polas puntuacións outorgadas e ábrese un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións e realizar consultas sobre ela.