Novas de Cooperación Galega
21/05/2025
Convocatorias

Publicación da listaxe provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

 

En cumprimento do disposto na base décima, apartados primeiro e segundo, da Orde do 21 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2025 (DOG do 28.03.2025), unha vez avaliados os méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade á listaxe provisional ordenada polas puntuacións outorgadas e ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións e realizar consultas sobre ela.