Novas de Cooperación Galega
06/08/2021
Convocatorias
Publicación da valoración provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
En cumprimento do disposto na base décima, apartados primeiro e segundo, da Orde do 18 de xuño de 2021 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG do 1.07.2021), unha vez avaliados os méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade á listaxe provisional ordenada polas puntuacións outorgadas e ábrese un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións e realizar consultas sobre ela.
Ligazóns