Novas de Cooperación Galega
10/07/2024
Convocatorias

Publicación de nova listaxe de persoas propostas e destinos do proceso de selección das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto nas bases décimo primeira e décimo segunda da Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR809A), DOG núm. 91, do 10 de maio, a comisión de valoración, logo da renuncia de dúas candidatas propostas, fai pública unha nova listaxe de persoas propostas e destinos, así como a listaxe de reserva.