Novas de Cooperación Galega
12/06/2017
Xeral

Publicación do Informe anual da Cooperación Galega 2016

O Informe anual da Cooperación Galega recolle as principais actuacións desenvolvidas durante o ano 2016.

Neste senso, tomando como referencia o obxectivo de realizar unha política activa e integral de educación para o desenvolvemento da sociedade galega así como realizar unha labor de seguimento das prioridades e compromisos da Cooperación Galega, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE publica en formato dixital o Informe anual da Cooperación Galega 2016.

Contribúese así ó cumprimento dos compromisos recollidos no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 e dáse a coñecer a política de cooperación que se leva a cabo dende Galicia.

Ligazóns