Novas de Cooperación Galega
24/02/2008
Xeral

PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN DAS SUBVENCIÓNS A MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN

O Diario Oficial Galicia publicou hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento, que desenvolvan as organizacións non gobernamentais. Deste xeito está aberto o prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria de subvencións para microproxectos de cooperación no exterior de ONGDs (publicada no DOG o día 25 de febreiro). O prazo de presentación  é dun mes a partir do día seguinte da data de publicación das resolucións no Diario Oficial de Galicia.O Plan Anual 2007 refírese á creación dun instrumento para o financiamento de pequenas accións de cooperación, como un primeiro paso para incrementar a capacidade e a experiencia na xestión de proxectos no exterior daquelas organizacións recentemente integrados no sector galego da cooperación.Aos formularios se pode acceder dende esta mesma páxina, no apartado de Convocatorias, a súa vez no apartado de ONGDs.