Novas de Cooperación Galega
16/05/2016
Xeral

Publicada a orde de convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento a executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

 Esta convocatoria enmárcanse no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017. Na procura de dar cumprimento aos obxectivos previstos no Plan Director, o goberno galego aposta pola conformación dunha cidadanía global, fomentando para iso a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega sobre as realidades dos países empobrecidos e potenciando valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade.

O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para proxectos de educación para o desenvolvemento das ONGD, cunha dotación de 325.000 € (130.000 no 2016 e 195.000 no 2017).

No capítulo relativo aos proxectos de educación para o desenvolvemento, as ONGD poderán solicitar o financiamento para actuacións que se desenvolvan dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:

a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d)Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

No marco desta convocatoria de axudas de Educación para o Desenvolvemento, as entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais ou ben en agrupación con outras entidades.

Toda a documentación necesaria para a presentación de propostas ao abeiro desta convocatoria pódese atopar no seguinte enlace:

Tamén se pode solicitar a través do seguinte correo electrónico: cooperacion.exterior@xunta.es ou na sede da propia Subdirección Xeral de Cooperación Exterior situada na Rúa do Hórreo nº 61- 2º Andar de Santiago de Compostela.

Por problemas coa nosa web a documentación relacionada coa presente convocatoria, pódese atopar no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/sh/2z5brwth4rcs7ut/AAAB42EFQ1uiZbAcLmxfhifba?dl=0

 

O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o16 de xuño de 2016.