Novas de Cooperación Galega
12/04/2007
Xeral
PUBLICADAS NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA AS RESOLUCIÓNS DAS CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN NO EXTERIOR E FORTALECEMENTO DE ONGD
As resolucións correspondentes ás convocatorias de subvencións para proxectos de cooperación no exterior e fortalecemento de ONGD foron publicadas no decurso desta semana no Diario Oficial de Galicia. En concreto a resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación no exterior foi publicada o martes 10 de abril no número 69 do Diario Oficial de Galicia.Por outra banda a resolución da convocatoria de subvencións para consolidación e fortalecemento de ONGDS foi publicado o mércores día 11 de abril no número 70 do Diario Oficial de Galicia.As organizacións interesadas deberán presentar os seus proxectos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.