Novas de Cooperación Galega
18/04/2007
Xeral

PUBLICADAS NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA AS RESOLUCIÓNS DE CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN E PARA EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN DE OUTROS AXENTES

O Diario Oficial Galicia publicou hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para actividades formativas e de sensibilización que desenvolvan as organizacións non gobernamentais. Así mesmo foi publicada a resolución da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior de universidades,  empresas e organizacións empresariais, sindicatos e comunidades galegas no exterior.

Deste xeito está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as catro convocatorias de subvencións: proxectos de cooperación no exterior de ONGDs (publicada no DOG o día 10 de abril); consolidación e fortalecemento de ONGDs (publicada no DOG o día 11 de abril) ; actividades de formación e sensibilización e proxectos de cooperación no exterior promovidos por outros axentes.

O prazo de presentación  é dun mes a partir do día seguinte da data de publicación das resolucións no Diario Oficial de Galicia.