Novas de Cooperación Galega
31/08/2016
Xeral

Resolución da convocatoria de 6 bolsas de formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento.

Esta convocatoria enmarcase no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017. Na procura de dar cumprimento aos obxectivos previstos no dito Plan, o goberno galego aposta polas actividades destinadas á formación de persoal especializado como unha tarefa básica que a Xunta de Galicia ten que levar a cabo no marco do fortalecemento do sistema galego de cooperación.
As actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2016 e 2017 cunha duración de doce meses, entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2017. O importe da bolsa será de 1.200 euros brutos/mes mais gastos de viaxe, no caso de que os destinos sexan no exterior e 1.000 euros brutos/mes no caso de que os destinos sexan na sede da Dirección Xeral en Santiago de Compostela.
De acordo coa resolución de 30 de agosto de 2016 do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, AAPP e Xustiza, os adxudicatarios das bolsas son os seguintes:
      Apelidos                    Nome                DESTINOS
1   Castro Pousa            Tamara              OTC Nicaragua
2   Castro Pintos            Ángela                OTC Perú
3   Visaires González    Ana                      OTC Rep. Dominicana
4   Vicente Díaz               Luis                    OTC Mozambique
5   Comesaña Pérez     Soraya                DXRREE
6   García Villar               Aura Rosa         DXRREE