Novas de Cooperación Galega
23/07/2019
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, no marco da Orde do 29 de abril 2019, publicada no DOG do 15 de maio

No DOG núm. 92, do 15 de maio de 2019, publicouse a Orde do 29 de abril, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de competencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede a súa convocatoria para o ano 2019.

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria destas subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.

No marco desta convocatoria, dotada cun orzamento total de 300.000 € para proxectos que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019, presentáronse un total de 9 propostas. Unha vez avaliadas, un total de 6 proxectos obteñen a puntuación suficiente para ser aprobados, aínda que o orzamento alcanza para financiar 4 deles.

Os proxectos subvencionados permitirán dar resposta a crises esquecidas e de longa duración como a da República Democrática do Congo ou a República Centroafricana; por en marcha iniciativas de educación en emerxencias para nenos e nenas refuxiados en Malawi e atender a sempre precaria situación en Palestina, da man de organizacións destacadas pola súa labor no ámbito humanitario, que contan con socios locais de referencia neste ámbito.