Novas de Cooperación Galega
16/07/2024
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, regulada pola Orde do 26 de abril do 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio)

No DOG núm. 91, do 10 de maio de 2024, foi publicada a Orde do 26 de abril de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, e procédese á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR811A).

O obxecto da convocatoria é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais no ano 2024.

No marco desta convocatoria, que se publica desde o ano 2010, enténdese por proxectos de acción humanitaria, conforme á iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises- provocadas por seres humanos ou por desastres naturais-, así como previr e reforzar a capacidade de resposta para cando se produzan estas situacións.

Ao amparo desta convocatoria fináncianse proxectos anuais con período de execución do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024. A dotación orzamentaria é de 550.000 euros e o monto da subvención por proxecto é de 75.000,00 euros.

No marco desta, presentáronse un total de 14 solicitudes. Unha vez avaliadas tecnicamente todas as solicitudes, un total de 13 proxectos obteñen a puntuación suficiente para ser aprobados, pero debido á limitación da dotación financeira da convocatoria só poderá aprobarse o financiamento de 8 deles, a executar por: Solidariedade Internacional de Galicia, Asemblea de Cooperación pola Paz, UNRWA España,  Fundación Entreculturas Fe e Alegría, ONG Rescate internacional, Fundación Axuda en Acción, Médicos do Mundo e terra de Homes.

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución desta convocatoria para a execución de proxectos de acción humanitaria correspondente ao ano 2024.